ESTAMOS DE VOLTA
Esperamos que pasárades unhas moi boas vacacións de Nadal coas vosas familias e que os Reis Magos os trouxeran moitos agasallos. Pero agora estamos de volta con máis forzas que nunca!
Neste novo trimestre esperannos cousas moi entretidas como a festa de Don Bosco e Entroido. Como a semana que ven é a festa de Don Bosco, aquí vos deixamos algúns datos curiosos para que esteades preparados e o disfrutedes das actividades que realizaremos.
CURIOSIDADES
É o Patrón da Xuventude
San Xoán Bosco ofreceu a súa vida aos mozos máis pobres. Toda a súa obra está marcada polo seu amor e a súa proximidade á xuventude.
Creou un método educativo
Decidiu utilizar a educación como instrumento de evanxelización. En efecto, abrazou a educación como unha gran misión e creou o método preventivo.
Ten unha estatua honorífica no Vaticano.
Dedicou a súa vida á difusión das boas lecturas.
Construiu igrexas.
Soñaba con ser misioneiro na India.
O Entroido Despois de pasar esta festa tan emocionante que celebramos , agora é tempo de festexar o Entroido, como xa se acerca imos a compartiros as actividades que o cole preparou para nós.
ACTIVIDADES
San Valentín
É o día no que demostramos máis amor do habitual aos nosos amigos, familiares e parella.
Aunque este día parece moi empalagoso, a realidade é que este día serve para celebrar o amor con todos e todas, sen importar o vinculo que teñas coa persoa.
MANUALIDAD
1. CORAZÓN DE ORIGAMI
UTENSILIOS: 1 folla de papel cadrado e tesoiras.
PASOS:
Día de Rosalía de Castro
O día 23 de febreiro é un día moi importante para nós como galegos, pois foi o día que naceu a nosa poetisa, Rosalía de Castro. Ela foi moi importante para a literatura galega, escribindo obras como Follas Novas, Cantares Galegos…
Para preparar o colexio para este día tan fermoso, estamos facendo carteis e murais para decorar todos os corredores, e nosos compañeiros de RadioBosco estan preparando un podcast moi emocionante sobre San Valentín e Rosalia de Castro que poderedes ver no apartado de RadioBosco. Nós tamén queremos conmemorar a esta marabillosa poetisa recordando algúns dos seus escritos.
**Penas do meu corazón**